O Concello de Ourense repartirá hoxe máis de 12.000 orellas de Entroido
OurenseXa
O reparto terá lugar na Praza Maior, en Santa Eufemia e en Bispo Cesáreo
Praza Maior de Ourense
13 Feb 2024
O Concello de Ourense repartirá hoxe, a partir das 18.30 da tarde, 12.000 orellas de Entroido. O reparto terá lugar no Centro histórico da capital termal, concretamente na Praza Maior, en Santa Eufemia e en Bispo Cesáreo.
Este penúltimo día de Entroido contará tamén coas actuacións das charangas Lou Band, Caña aquí e Nova Terra de Trives polas rúas da cidade sobre ás 13.00 horas, e as charangas Nova Terra de Trives Trópico de Grelos e CLK a partir das 18.30 horas.
Ademais, os ourensáns poderán disfrutar tamén da música da orquestra FunÇao Pública, que acturá ás 19.00 horas na rúa do Progreso.