O Concello de Ourense saca adiante no Pleno Extraordinario tres modificacións de crédito por valor de 2.955.687 euros

OurenseXa
Entre elas, aprobouse unha modificación de crédito de 2.264.267 euros para dixitalizar o ciclo da auga
Concello-Ourense-recurso
Concello de Ourense
26 Dec 2024

O Concello de Ourense aprobou esta mañá en Pleno Extraordinario tres modificacións de crédito por importe total de 2.955.687 euros, entre as que destaca a relativa a un proxecto de dixitalización do ciclo da auga, por un importe de 2.264.267 euros, e que conta con axudas dos fondos Next Generation. A modificación foi aprobaba cos votos a favor de Democracia Ourense a abstención dos tres grupos da oposición, PP, PSOE e BNG.

Aprobouse tamén, por un importe de 265.706 euros e cos votos a favor do PP e D.O., unha modificación para pagar facturas pendentes do Concello. Algo que, dende o punto de vista do PSOE e do BNG, deriva da falta de orzamentos do Concello.

Por último, aprobouse unha modificación de crédito por importe de 425.714 euros para indemnizar á empresa Serviocio tras o peche das Eiroás.

0.17112493515015