O Concello de Ourense sumouse ás actividades da AECC polo Día do Cancro de Mama
Concelleiras de todos os grupos políticos do Concello de Ourense participaron no partido benéfico contra o cancro de mama, organizado pola Asociación Española contra o Cancro en Ourense, coa colaboración do Concello, que tivo lugar no campo de fútbol municipal de Oira na tarde deste xoves, 17 de outubro.
A asociación desenvolve a campaña “O rosa é só rosa, pero contigo é apoio e investigación”, coa que pretende poñer de manifesto que aínda queda moito por facer e que detrás desa cor hai investigación, apoio e acompañamento.
Ademais, o alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, e concelleiras e concelleiros de todos os grupos políticos da Corporación municipal visitaron a mesa informativa instalada na rúa do Paseo pola Asociación Española contra o Cancro en Ourense, con motivo da celebración, o vindeiro sábado, 19 de outubro, do Día Mundial contra o Cancro de Mama.