O Concello de Padrenda organiza a Ruta da Auga 2024 o vindeiro 12 de maio

OurenseXa
O prazo para inscribirse nesta andaina estará aberto ata o próximo 10 de maio
ruta_da_auga
Ruta da Auga 2024, Concello de Padrenda
1 abr 2024

O Concello de Padrenda organiza, un ano máis, a Ruta da Auga, que terá lugar o vindeiro domingo, 12 maio. O prazo de inscrición estará aberto ata o venres 10 de maio.

Esta edición de 2024 contará con dúas rutas diferenciadas, unha para os máis expertos e outra para aqueles que se están iniciando nas andainas.

A ruta curta percorrerá 7 kilómetros e terá saída na área recreativa de A Ponte ás 10.30 horas da mañá, menores que a máis longa contará un percorrido de 18 kilómetros que comenzarán no Cruceiro de Trado ás 9.30 horas.