O Concello de Pereiro de Aguiar abre o prazo de inscricións para as actividades deportivas 2024-2025
OurenseXa
O Concello ofrecerá actividades para todas as idades, desde infantil e xuvenil ata adultos
16 sep 2024
O Concello de Pereiro de Aguiar abre o prazo de inscrición para as actividades deportivas para o curso 2024-2025, que comezarán o 30 de setembro.
O Concello ofrecerá actividades para todas as idades, desde infantil e xuvenil ata adultos, con grupos mínimos de entre dez e vinte persoas dependendo da actividade.
Para adultos, as escolas deportivas ofrecerán cursos de pilates, Tai Chi, ioga, ximnasia, defensa persoal, ioguilates e zumba, mentres que os pequenos e pequenas poderán elixir entre clases de psicomotricidade, balonmán, Kung Fu, minibasket, patinaxe, ximnasia rítmica e arco, ademais da Escola CD Pereiro e a Escola de Atletismo.