O Concello de Pereiro de Aguiar acollerá o obradoiro "A Fábrica de Contos"

OurenseXa
O obradoiro está dirixido a nenas e nenos de entre 8 e 12 anos de idade
obradoiro_contos_pereiro_de_aguiar
Obradoiro
9 abr 2024

O Concello de Pereiro de Aguiar organiza, o próximo luns, 22 de abril, o obradoiro "A Fábrica de Contos", dirixido a nenos e nenas de entre entre 8 e 12 anos de idade.

A cita terá lugar entre as 17.30 e as 18.30 horas na Biblioteca Municipal de Pereiro de Aguiar. As oito prazas dispoñibles cubriranse por orde de anotación. As inscricións están abertas a través do teléfono 685 528 538.