O Concello de Pereiro de Aguiar organiza o II Summer Camp en Manzaneda

OurenseXa
As inscricións estarán abertas até o 20 de xuño
summer-camp-pereiro-manzaneda
23 May 2026

O Concello de Pereiro de Aguiar pon en marcha unha nova edición do Summer Camp, unha proposta de lecer xuvenil que se celebrará en Manzaneda os días 3, 4 e 5 de xullo.

Trátase dunha actividade pensada para fomentar a convivencia, o contacto coa natureza e a práctica de deporte ao aire libre, nun entorno de montaña que ofrecerá diferentes propostas de aventura e formación en grupo.

Durante a estancia, os participantes poderán realizar actividades como rocódromo, sendeirismo, piscina, orientación, xogos, uso de telecadeira e vivacs, entre outras propostas de carácter deportivo e recreativo.

O campamento inclúe pensión completa e terá un prezo de 105 euros por participante. As prazas son limitadas, cun mínimo de 25 e un máximo de 35 participantes. As inscricións estarán abertas até o 20 de xuño.

Con esta iniciativa, o Concello de Pereiro de Aguiar reforza a súa aposta por actividades xuvenís de verán que combinen deporte, natureza e convivencia.

0.11994194984436