O Concello de San Cibrao das Viñas abre o prazo de inscrición da Aula Concilia de verán

A iniciativa está dirixida a nenos e nenas de entre 3 e 14 anos e desenvolverase do 22 de xuño ao 8 de setembro
campamento-nenos-xogar
26 May 2026

O Concello de San Cibrao das Viñas abriu o prazo de inscrición para a Aula Concilia de verán, un servizo destinado a facilitar a conciliación familiar durante os meses estivais.

O período de solicitude permanecerá aberto do 25 de maio ao 4 de xuño e as inscricións deberán realizarse a través da sede electrónica municipal. A iniciativa está dirixida a nenos e nenas de entre 3 e 14 anos e desenvolverase do 22 de xuño ao 8 de setembro, en horario de 7:30 a 14:30 horas.

Para poder acceder ao servizo será necesario que o menor ou algún dos seus proxenitores estea empadroado no municipio e que ambos proxenitores se atopen traballando.

Desde o Concello destacan que a Aula Concilia busca ofrecer aos máis pequenos un espazo seguro, educativo e lúdico durante o verán, ao tempo que se facilita a organización familiar durante o período vacacional.

0.1047899723053