O Concello de Taboadela convoca a cuarta edición do Certame Literario de Relato Curto

OurenseXa
O prazo de presentación dos traballos estará aberto ata o vindeiro 12 maio
taboadela_certame_literario
IV Certame Literario do Concello de Taboadela
25 mar 2024
O Concello de Taboadela, xunto coa Biblioteca Municipal de Taboadela, organiza a cuarta edición do Certame de Relato Curto, dirixido aos mozos e mozas entre 8 e 17 anos, coa intención de fomentar a escritura e a lectura en galego entre os máis novos. Ademáis, este certame contará cunha categoría para os adultos maiores de 18 anos.
O prazo de presentación dos traballos comeza hoxe, 25 de marzo, e permanecerá aberto ata o 12 de maio. Os ganhadores anunciaranse na semana do 17 de maio, coincidindo co Día das Letras Galegas.
O Certame ten o claro obxectivo de potenciar e por en valor a arte da literatura e, sobre todo, animar a que todos os mozos e mozas participen. Dende o Concello sinalan que esta "é unha iniciativa innovadora dentro do noso concello que vemos moi necesaria, pois a lectura e, sobre todo a arte de escribir, estanse vendo substituídas nos últimos tempos coa chegada da tecnoloxía entre a poboación máis nova"