O Concello de Taboadela ofrecerá reducións na taxa do lixo

OurenseXa
Serán do 30% para aqueles que realicen compostaxe doméstica e do 10% para os que leven residuos ao punto limpo
Compostaxe
13 Feb 2025

O Concello de Taboadela ofrecerá reducións de ata un 30% na taxa do lixo co obxectivo de reforzar o compromiso coa reciclaxe de residuos entre a veciñanza.

Así, os veciños e veciñas que teñan usen os composteiros domésticos poderá optar a unha redución do 30% na taxa do lixo, mentres que aqueles que leven os seus residuos ao punto limpo en ao menos dúas ocasións terán un desconto do 10%.

O prazo máximo para solicitar estas axudas será o 1 de marzo de 2025. O trámite pode realizarse directamente na Deputación de Ourense, tanto de forma presencial como a través de internet, ou ben no Concello de Taboadela de forma presencial de 9.00 a 14.00 horas. Os luns, as oficinas estarán abertas tamén pola tarde, de 16.00 a 20.00 horas.

As persoas interesadas deberán presentar a referencia catastral da súa vivenda e fotos do composteiro, ou ben o xustificante de entrega do punto limpo.

0.18601679801941