O Concello de Taboadela organiza o V Concurso Fotográfico "Vínculos Duraderos"

OurenseXa
O prazo de presentación estará aberto ata vindeiro 30 de maio
Concurso-Fotografico-1
V Concurso Fotográfico do Concello de Taboadela “Vínculos duradeiros: conectando xeracións”
26 mar 2024

O Concello de Taboadela organiza a quinta edición do seu Concurso Fotográfico, que este ano leva o título “Vínculos duradeiros: conectando xeracións”. O prazo de presentación dos traballos estará aberto ao público en xeral ata o vindeiro 30 de maio.

“Vínculos duradeiros: conectando xeracións”

As fotografías que se presenten deben capturar e expresar a conexión, o vínculo e a relación entre diferentes xeracións. Éstas imaxes poden mostrar momentos compartidos entre persoas de distintas idades, como avós e netos, país e fillos, ou calquera outra combinación de xeracións. As fotografías deben transmitir emocións, historias e experiencias que refliectan a importancia e a beleza das relación interxeracionais, destacando a continuidade, o afecto, o apoio e o amor que une ás distintas xeracións ao longo do tempo.

Cada participante poderá presentar un máximo de 3 obras, sendo orixinais e inéditas e non presentadas previamente noutros certames, sitios web ou calquera outro soporte dixital ou impreso. Os traballos presentaranse a través da páxina de Facebook de Taboadela.

A decisión do xurado terá lugar en xullo de 2024 e será comunicada expresamente aos gañadores.