O Concello de Taboadela organiza unha excursión a Lalín o 9 de maio

O Concello de Taboadela propón unha xornada de excursión a Lalín o próximo 9 de maio, nunha actividade pensada para gozar da cultura, da tradición galega e da gastronomía.
A saída será ás 9:15 horas desde a Praza do Concello. Durante a mañá, o grupo visitará o Museo Etnográfico “Casa do Patrón”, en Doade, onde poderán coñecer de preto a historia local e a cultura do liño, nun percorrido polo patrimonio etnográfico da zona.
Ao mediodía, a excursión fará parada en Lalín para degustar o seu tradicional cocido, un dos pratos máis emblemáticos da gastronomía galega. Pola tarde, o programa continuará cunha visita ao santuario da Virxe do Corpiño, onde os participantes poderán gozar da contorna antes do regreso. O retorno está previsto arredor das 20:00 horas.
O prezo da actividade é de 40 euros, con todo incluído. O Concello establece un mínimo de 40 participantes e un máximo de 50, e as prazas adxudicaranse por orde de inscrición. O prazo para anotarse remata o 27 de abril, chamando ao teléfono do Concello de Taboadela (988 43 93 15).
Desde a organización destacan que se trata dunha xornada pensada para a convivencia, o gozo cultural e a gastronomía nun ambiente distendido.