O Concello de Toén abrirá as piscinas municipais o 26 de xuño

OurenseXa
As entradas poderán adquirirse tanto a través dunha plataforma de reservas en liña como directamente no bar das instalacións
apertura-piscinas-toen
21 Jun 2026

O Concello de Toén anunciou a apertura das Piscinas Municipais para a tempada de verán 2026, que comezarán a funcionar o venres 26 de xuño en horario de 14:30 a 21:30 horas.

As entradas poderán adquirirse tanto a través dunha plataforma de reservas en liña como directamente no bar das instalacións o mesmo día. A entrada será gratuíta para menores de catro anos.

No caso das persoas empadroadas no municipio, será necesario solicitar previamente o abono de tempada mediante a plataforma dixital, coa validación das solicitudes nun prazo de entre 24 e 48 horas hábiles.

Os prezos dos abonos para residentes establécense en 18 euros para o familiar, 10 euros para adultos e 3 euros para o público infantil. As entradas individuais terán un custo de 1 euro para adultos e 0,50 euros para nenos e nenas de entre 4 e 14 anos.

Para as persoas non empadroadas, o Concello establece bonos de 7 e 15 días, cun custo de 8 e 15 euros respectivamente, ademais de entradas individuais de 2 euros para adultos e 1 euro para o público infantil.

O goberno municipal lembra que para acceder ás tarifas reducidas é imprescindible tramitar a entrada previamente a través da aplicación habilitada, co fin de verificar o empadroamento.

0.12430810928345