O Concello de Xunqueira de Ambía prepara unha nova edición da "Búsqueda do tesouro"

A cita terá lugar o domingo 28 de abril polas rúas de Xunqueira
busqueda_tesoureo_xunqueira
Búsqueda do Tesouro, Xunqueira de Ambía
27 mar 2024

O Concello de Xunqueira de Ambía organiza, un ano máis, unha nova edición da "Búsqueda do Tesouro".

A cita terá lugar o vindeiro domingo, 28 de abril, polas rúas do municipio. Nenos e adultos poderán participar na actividade que estará formada por grupos infantís, de adultos e mixtos.

Os interesados poderán anotarse a través dos teléfonos 666 158 430 e 600 746 234.