O Concello de Xunqueira de Espadanedo organiza un taller de elaboración de masas

A cita terá lugar os días 4 e 12 de abril no local da Asociación de Mulleres Rurais
taller_elabiracion_masas_xunqueira_de_espadanedo
Taller de elaboración de masas, XUNQUEIRA DE ESPADANEDO
29 mar 2024

O Concello de Xunqueira de Espadanedo, en colaboración coa Asociación de Desenvolvemento Rural da Comarca de Ourense (ADERCOU) e a Universidade de Vigo, organizan os vindeiros días, xoves 4 de abril e venres 12 de abril, un taller de elaboración de masas.

A cita terá lugar no local da Asociación de Mulleres Ruraris de Xunqueira de Espadanedo entre as 16.00 e as 20.00 horas.

Os interesados poderán inscribirse nas oficinas municipais do Concello.