Xunqueira de Espadanedo acolle un taller de musicoterapia

Os interesados poderán inscribirse ata o vinderio venres, 5 de abril
musicoterapia_xunqueira
Concello de Xunqueira de Espadanedo
2 abr 2024

O Servizo Galego de Saúde (Sergas), a través da Axencia Galega de Coñecemento e Saúde e da Escola Galega de Saúde para Cidadáns, organiza para o vindeiro venres, 26 de abril, un taller de musicoterapia para previr e axudar a restablecer a saúde física e mental a través da música.

A cita terá lugar no salón de actos do Concello de Xunqueira de Espadanedo en horario de tarde, entre as 16.00 e as 19.00 horas. Os interesados poderán anotarse ata este venres, 5 de abril.

O taller ten como obxectivo promover o manteniendo cognitivo, social, motriz e emocional a través da música, así como conseguir maior benestar, tranquilidade e sentimentos positivos de autorealización, o que repercute nun beneficio a nivel cognitivo e motor.

Ademais a musicoterapia permite experimentar melloras  a nivel cognitivo, estimulando a memoria recente, a medio e longo prazo, e fomentando a atención e a concentración. A nivel emocional, mellora a autoestima e permite crear un espazo terapéutico para poder expresar as emociones. Na área física, mellora o equilibrio e a mobilidade funcional a través da mobilización corporal. Por último, permite mellorar as relacións sociais, desenvolvendo un sentimento de cohesión grupal.