O Concello de Xunqueira de Espadanedo retoma a actividade no Museo taller de Oleria de Niñodaguia

Os sábados 13, 20 e 27 de abril, e o sábado 4 de maio, terá lugar un taller de introducción ao torno impartido por Xaime Piñeiro
taller_torno_xunqueira
Curso de introducción ao torno no Museo taller de Oleria de Niñodaguia
9 mar 2024

A área de Turismo e Cultura do Concello de Xunqueira de Espadanedo retoma a actividade no Museo taller de Oleria de Niñodaguia.

Os sábados 13, 20 e 27 de abril, e o sábado 4 de maio, terá lugar un taller de introducción ao torno impartido por Xaime Piñeiro.

Dende o Concello de Xunqueira de Espadanedo lembran que "Son moitas as novas propostas que deseñamos para dinamizar un sitio que é moito máis que un museo: é un espazo de memoria, un lugar de creación, un punto de encontro onde o invisible faise tanxible e podemos transformar a imaxinación en arte acompañados polos/as mestres/as do barro".