O Concello despide a un funcionario municipal por reiteradas ausencias do seu posto de traballo
O Concello de Ourense despide un funcionario por reiteradas ausencias do seu posto de traballo. Así o acordou esta mañá a Xunta de Goberno Local en sesión extraordinaria e urxente convocada para resolver este expediente. O acordo aparta da función pública un funcionario municipal polas reiteradas ausencias do seu posto de traballo.
O alcalde de Ourense, Gonzalo Jácome, convocou tamén para a semana que vén, a mesa de negociación sindical, para negociar o horario do Concello de Ourense, xa que, explica o rexedor “este grupo de goberno será tallante no seu cumprimento”.
Jácome, moi crítico cos funcionarios do Concello
O alcalde de Ourense anunciaba este martes que o seu goberno tiña previsto tamén levar a cabo nos vindeiros meses unha nova Relación de Postos de Traballo (RPT) no Concello de Ourense (co apoio doutros grupos políticos, xa que requiren de maioría absoluta do pleno ou, se fose necesario, a través dunha cuestión de confianza). Jácome asegura que actualmente existen unhas 300 categorías para os 750 empregados municipais, e que o único que fai eso é "entorpecer e crear postos estancos".
"Temos un Concello con centos de enchufados polo pasado caciquil deste concello", singlaba o alcalde. Ademais, asegura que "hay un plan para legalizar aos enchufados" e que o seu goberno está a traballar para chegar a unha nova RPT en cuestión de "dous ou tres meses".
Esta mesma mañá, nas suas redes sociais, fazendo referencia a recente dimisión do alcalde de cambre, o rexedor do Concello de Ourense decía o seguinte: "Hoxe dimitiu o alcalde de Cambre, hastiado polos bloqueos de funcionario (interventora, secretaria...). Respetando a súa decisión, eu optei polo camino inverso: cesalos a eles".