O Concello do Pereiro de Aguiar convoca axudas á natalidade e adopción para 2025

O Concello do Pereiro de Aguiar abriu a convocatoria 2025 das axudas á natalidade e adopción, a través da tarxeta “Benvido/a ao Pereiro V”, destinadas a apoiar a familias con nenos ou nenas nacidos, adoptados ou tutelados nos anos 2023, 2024 e 2025. Cada beneficiario poderá recibir unha única axuda de 250 euros por neno ou nena.
Poderán acceder ás subvencións os proxenitores, adoptantes ou titores empadroados no concello cunha antigüidade mínima de un ano, sempre que o menor tamén figure no padrón municipal na data da solicitude.
As solicitudes poden presentarse de forma presencial ou telemática a través da sede electrónica do Concello. O prazo ordinario remata o 30 de novembro de 2025, mentres que para nacimentos ou adopcións ocorridos entre o 30 de novembro e o 31 de decembro de 2025, a data límite será o 12 de xaneiro de 2026.