O Concello de Ourense renovará as zonas de xogo dos parques infantís

O Concello de Ourense iniciará nos vindeiros días a reparación e renovación da zonas de xogo dos parques infantís. Concretamente, será o chan de caucho dos parques de xogo. Nesta primeira fase, iniciaranse actuacións no Parque do Couto (Ingabad), San Lázaro, Mestre Fernández, Beiro, Mariña Mansa, Murga, Calistenia Concello, Santa Teresita, Serra de Queixada, Parque dos Pulmóns e no Parque Infantil Concello.