O Concello instalará unha pantalla xigante na Praza Maior para seguir o España-Bélxica

OurenseXa
A retransmisión do encontro de cuartos de final poderá verse este venres desde as 21.00 horas
mundial-praza-maior-ourense
7 Jul 2026

O Concello de Ourense volverá instalar unha pantalla xigante na Praza Maior para que a veciñanza poida seguir en directo o partido de cuartos de final da Copa do Mundo de fútbol entre as seleccións de España e Bélxica.

A cita será o vindeiro venres, 10 de xullo, a partir das 21.00 horas, coincidindo co inicio do encontro, e permitirá aos afeccionados reunirse de novo na praza para seguir a evolución da selección española no torneo.

A decisión chega despois da resposta do público no anterior partido do Mundial. A Praza Maior reuniu na noite do luns a numerosos afeccionados que seguiron en pantalla xigante a vitoria de España fronte a Portugal, un triunfo que lle permitiu ao combinado español clasificarse para os cuartos de final da competición.

0.10030293464661