O concurso de pinchos Sabores de Ourense terá lugar do 23 de maio a o 2 de xuño

OurenseXa
As inscricións estarán abertas ata o 23 de abril
concurso_pinchos_ourense_2023
Concurso de Pinchos Ourense, 2023
12 Apr 2024

O Concello de Ourense, a través da Concellería de Turismo e Termalismo, organiza unha nova edición do concurso “Sabores de Ourense – Pinchos de Primavera”, que se desenvolverá desde o día 23 de maio até o 2 de xuño na cidade, coa finalidade de dar a coñecer a riqueza gastronómica da cidade e as distintas propostas dos establecementos hostaleiros entre a veciñanza e tamén entre as persoas que visitan Ourense.

A Xunta de Goberno Local aprobou na súa sesión de hoxe as bases reguladoras do certame, no que poderán participar os establecementos hostaleiros de Ourense que ofrezan habitualmente pinchos á súa clientela. Deberán inscribirse até o día 23 de abril, a través da páxina web do Concello, e poderán presentar un pincho por local, libre en deseño e ingredientes. O certame outorgará 3 premios por parte dun xurado profesional, ademais dun accésit ao más creativo, un premio que concederá o Público e un premio ao mellor Pincho Celíaco.

Na súa sesión ordinaria desta semana, a Xunta de Goberno Local aprobou 31 expedientes presentados polos diferentes servizos municipais


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.22407793998718