O contacontos 'Iguais e diferentes' cambia de sede e trasládase mañá ao CEIP Luis Acuña

OurenseXa
A sesión de Manuel Solla, prevista nun principio na biblioteca municipal da Carballeira, terá lugar finalmente no colexio onde se desenvolve o programa Concilia Verán, mantendo o mesmo horario
libros-n
20 Aug 2026

O espectáculo de contacontos 'Iguais e diferentes' cambia de escenario. A actividade, que nun principio ía celebrarse na biblioteca municipal da Carballeira, desenvolverase finalmente mañá, venres 21 de agosto, nas instalacións do CEIP Luis Acuña, situado na rúa do Hórreo número 11. Este centro é un dos que acolle actualmente o programa municipal Concilia Verán.

A pesar do cambio de localización, o horario mantense tal e como estaba previsto, das 11.00 horas ás 11.50 horas. A sesión, a cargo de Manuel Solla, contará coa asistencia dos nenos e nenas inscritos no Concilia Verán, aínda que a entrada segue aberta a toda a cativada que queira participar.

Esta proposta enmárcase dentro da programación de animación á lectura que o Concello de Ourense organiza durante este verán en colaboración co programa Ler conta moito, impulsado pola Xunta de Galicia.

0.12981390953064