O CPI Antonio Faílde de Cambeo celebrou o seu 50º aniversario cun acto de lembranza e recoñecemento

OurenseXa
Antigas directoras, antigos alumnos e a comunidade educativa participaron nunha xornada que repasou medio século de historia do centro
50-anivrsario-cpi-antonio-failde
19 Jul 2026

O CPI Antonio Faílde de Cambeo celebrou un acto conmemorativo polo seu 50º aniversario, unha cita especial dedicada a lembrar cinco décadas de historia, aprendizaxe e compromiso coa educación pública no municipio de Coles.

A xornada contou coa participación de antigas directoras e antigos alumnos e alumnas do centro, que compartiron lembranzas e experiencias vinculadas á traxectoria do colexio e á súa comunidade educativa, achegando testemuños que forman parte da memoria do propio centro.

A música tamén ocupou un lugar destacado na celebración coa actuación da Banda Municipal Santádega de Coles e dun grupo formado por antigos alumnos e alumnas, así como por veciños e veciñas do concello, que contribuíron a crear unha xornada de celebración e encontro.

Desde o Concello de Coles trasladaron a súa felicitación a toda a comunidade educativa do CPI Antonio Faílde por estes 50 anos de percorrido, traballo e dedicación na formación de varias xeracións e pola pegada deixada no municipio.

0.12699389457703