O curso de rehabilitación de mobles da Merca pon fin tras varios meses de intenso traballo

OurenseXa
Os participantes desenvolveron desde maio técnicas de restauración e personalización no antigo centro de saúde, apostando pola reutilización e a sostibilidade
curso-restauracion-a-merca
9 Aug 2026

O Concello da Merca puxo o punto final ao curso de rehabilitación de mobles que se desenvolveu desde o pasado mes de maio nas instalacións do antigo centro de saúde do municipio.

Ao longo destas semanas, as persoas participantes aprenderon diferentes técnicas de restauración, reparación e personalización de mobles, adquirindo coñecementos prácticos para recuperar pezas e darlles unha segunda vida.

O curso permitiu combinar a aprendizaxe de técnicas de rehabilitación coa creatividade, favorecendo a transformación de mobles antigos mediante solucións personalizadas e adaptadas a cada proxecto.

Desde o Concello destacaron o traballo realizado polos participantes durante a formación, subliñando que cada unha das pezas recuperadas reflicte o esforzo, a dedicación e os coñecementos adquiridos ao longo do curso.

A iniciativa apostou tamén pola sostibilidade e polo aproveitamento dos recursos, promovendo a reutilización de mobiliario como alternativa para reducir residuos e fomentar un consumo máis responsable.

0.13893508911133