O décimo Rallymix Concello de Barbadás entregou os seus trofeos este domingo

OurenseXa
O décimo Rallymix Concello de Barbadás ‘Memorial Gonzalo Belay’ rematou coa vitoria absoluta de Alfonso “Pisko” Ventín sobre Antonia Viloira e Abel Jurado
Clausura do X Rallymix Concello de Barbadás
Clausura do X Rallymix Concello de Barbadás
28 Out 2024

O décimo Rallymix Concello de Barbadás ‘Memorial Gonzalo Belay’ rematou este domingo despois de dúas xornadas cheas de emoción que remataron coa vitoria absoluta de Alfonso “Pisko” Ventín sobre Antonia Viloira e Abel Jurado, mentres que na clasificación de carrozas Jaime Pérez e Gonzalo Cardalda impuxéronse a Tino e Jorge Iglesias Cores.

Na segunda agrupación os vencedores foron Jesús e Manuel Sánchez Bouza, e na terceira a vitoria foi para Alejandro González Blanco e Andrés Sánchez Calvo. Na cuarta, Jaime Pérez e Gonzalo Gil levaron o seu Peugeot ao alto do podio, e na quinta os vencedores foron Rodrigo Rodíguez Crespo e Manuel Ledo, da Escudaría Barbadás. Por último, Iván Vázquez Freire e Adrián Vázquez venceron na sexta agrupación.

A entrega de premios tivo lugar no Museo da Gaita de Fole e contou coa presenta do alcalde de Barbadás, Xosé Carlos Valcárcel, a directora territorial de Presidencia, Xustiza e Deportes, Beatrz Fernández, así como o director de Cultura e Deportes da Deputación de Ourense, Marcos Vázquez.

0.16958713531494