O desfile do Entroido reunirá hoxe na cidade medio cento de comparsas con máis de 2.000 participantes

OurenseXa
Sairá ás 16.30 horas das Lagoas e continuará por Curros Enríquez, Xoán XXIII e a rúa do Progreso
Desfile_Entroido_Ourense_2023
Desfile do Entroido de Ourense
11 Feb 2024

Medio cento de comparsas, con máis de 2.000 participantes, animarán este domingo, 11 de febreiro, o Desfile do Entroido de Ourense 2024, que sairá ás 16.30 horas desde As Lagoas (glorieta da Policía Nacional) e avanzará por Curros Enríquez e Xoán XXIII para rematar na rúa do Progreso, á altura da confluencia coa rúa Parada Justel. Serán en total 44 comparsas, con 23 carrozas, que irán acompañadas na súa ruta polas charangas Dr Anchoa, Trópico de Grelos e CLK.

A organización habilitou para o desfile dous puntos para persoas con mobilidade reducida, no Parque de San Lázaro e na rúa do Progreso (fronte á Deputación). Ao longo do Entroido, tamén haberá outros dous puntos para as persoas con mobilidade reducida na Praza de Bispo Cesáreo e na Praza Maior, para os concertos e orquestras.

Logo do desfile, a programación de actividades organizadas polo Concello para esta xornada continuará na rúa do Progreso con baile coa orquestra Marbella, ás 18.30 horas, a entrega dos premios do concurso de comparsas e carrozas ás 20.00 horas e a actuación de Henry Méndez, ás 20.30 h, no mesmo lugar

O Concello premiará as mellores comparsas e carrozas participantes a través dun concurso, no que se inscribiron 41 agrupacións. O certame repartirá premios en catro categorías:

• Comparsas con máis de 10 compoñentes: 1º premio 1.000 €, 2º premio 800 €, 3º premio 600 €

• Comparsas con menos de 10 compoñentes: 1º premio 500 €, 2º premio 400 €, 3º premio 300 €

• Especiais Comparsas: á máis numerosa 500 €, á máis ocorrente ou graciosa 500 €, á de mellor animación / musical 500 €

• Carrozas: Mellor deseño 500 € e Mellor animación 500 €

Tamén haberá axudas para todas as comparsas e carrozas participantes que completen o desfile e non acaden ningún premio.

0.1667001247406