O Diververán de Piñor viaxa ao pasado cun taller que uniu a nenos e maiores

OurenseXa
Nenos e nenas do Piñor Concilia Diververán descubriron o pasado xoves a infancia dos seus pais nunha xornada de intercambio impulsada polo Programa de Educación e Apoio á Familia do Concello
piñor_taller_regreso_pasado_diververan_2026
9 Aug 2026

O Concello de Piñor, a través do Programa de Educación e Apoio á Familia, desenvolveu o pasado xoves 06 de agosto o taller interxeracional 'Regreso ao pasado', enmarcado nas actividades de conciliación do Piñor Concilia Diververán 2026.

A proposta contou coa participación voluntaria de varias familias do programa, que se sumaron á iniciativa achegando fotografías da súa propia infancia. Os máis pequenos tiveron que tentar adiviñar a quen pertencía cada imaxe, un xogo que serviu de punto de partida para que os adultos compartisen despois cos nenos e nenas recordos da súa época: a que xogaban, que soñaban con ser de maiores ou cales foron as trasnadas e momentos máis especiais da súa infancia.

Segundo destacan desde o Concello, a actividade tivo como obxectivo favorecer o encontro entre xeracións, fortalecer os vínculos familiares e poñer en valor os recordos compartidos como ferramenta educativa, amosando que, máis aló das diferenzas entre épocas, os xogos, os soños e as ilusións da infancia son un elo común entre pais e fillos.

0.14378213882446