O documental 'A luz das ánimas' proxectarase este venres na Casa dos Poetas

A Casa dos Poetas de Celanova será escenario este venres, 10 de xullo, ás 20.30 horas, da proxección do documental 'A luz das ánimas', unha produción de lembrame.gal.
O documental propón unha viaxe a través de luces, voces, lembranzas e camiños que unen xeracións, tomando como punto de partida a memoria das persoas que xa faleceron.
A peza aborda a morte desde unha perspectiva na que o recordo mantén vivas ás persoas que xa abandonaron este mundo, ao tempo que pon o foco na importancia das tradicións e da memoria colectiva galega.