O Entroido Quente regresa a Maceda o 25 de xullo cun programa cheo de música, humor e actividades para todas as idades

OurenseXa
O evento inclúe o Rally do Humor, o Rally Infantil, batallas de galos, concertos e múltiples actividades festivas.
entroido-quente-de-maceda
27 Jun 2026

Maceda converterase o 25 de xullo no epicentro da festa coa celebración da XVII edición do Entroido Quente, unha xornada que reunirá actividades musicais, deportivas e de lecer baixo un amplo programa dirixido a todos os públicos.

A organización anima á veciñanza a preparar disfraces e participar nun evento que combinará humor, música e diferentes propostas festivas ao longo de todo o día e da noite.

Entre as actividades principais figura o Rally do Humor 2026, para o cal xa están abertas as inscricións. Ademais, por segundo ano, celebrarase tamén o Rally do Humor Infantil, unha actividade gratuíta para nenos e nenas que conta con 36 prazas dispoñibles.

No apartado musical, o programa contará co acompañamento de BCB Música e cos concertos de Mekanika Rolling Band, o grupo Ataca Paca e Paulo Seoane DJ, que animarán a xornada festiva.

Tamén se celebrará a Batalla de Galos do Entroido Quente, coa fase clasificatoria pola tarde e a semifinal e final pola noite no escenario principal. As inscricións presenciais realizaranse entre as 16:00 e as 16:30 horas e o inicio das batallas será ás 17:00 horas. A semifinal e final desenvolveranse ás 23:00 horas.

A organización establece como obrigatorio acudir disfrazado e contempla premios que inclúen 300 euros, unha tatuaxe, merchandising oficial, cea gratuíta para participantes e camping gratuíto nas piscinas municipais.

0.11539101600647