O espectáculo “As mil e unha” chega a Pereiro de Aguiar para celebrar o Día do Libro

No marco da programación da Semana do Día do Libro, o Concello de Pereiro de Aguiar acollerá o espectáculo “As mil e unha”, unha proposta de narración oral e musical pensada para público familiar.
A actividade estará protagonizada por Vero Rilo e Luís Iglesias, que presentarán unha sesión combinando historias e música. O evento terá lugar este sábado, 18 de abril, no Auditorio dos Gozos, ás 18:30 horas.
A proposta enmárcase dentro das actividades culturais e de lecer programadas polo municipio con motivo da celebración do Día do Libro.