O espectáculo de circo "MUTE" chega este xoves á programación cultural de verán de Barbadás

A programación cultural de verán de Barbadás continúa este xoves, 16 de xullo, coa representación de "MUTE", un espectáculo da compañía de circo Orain Bi que terá lugar ás 21:00 horas no Parque dos Patos.
A montaxe foi recoñecida co premio ao mellor espectáculo de rúa de Euskadi e foi candidata aos XXVI Premios Max 2023.
"MUTE" toma como punto de partida a terceira persoa do singular do imperativo do verbo mutar para construír unha proposta escénica que reflexiona sobre o cambio de aspecto, de natureza e de estado das persoas, dos animais e das cousas.
A actuación forma parte da programación cultural de verán organizada polo Concello de Barbadás, que ofrece diferentes actividades ao aire libre durante a época estival.