O Fest Clásico Ribeira Sacra continúa esta fin de semana en Chantada, Nogueira, Quiroga e Os Peares

O Fest Clásico Ribeira Sacra continúa este venres, 28 de agosto, cunha nova cita no Auditorio de Chantada. O festival, que iniciou a súa programación o pasado domingo e se desenvolve ata o 30 de agosto, traslada os seus concertos a diferentes espazos da Ribeira Sacra.
A programación deste venres comezará ás 19.30 horas no Auditorio de Chantada co concerto “Agua”, que incluirá obras de Dowland, Debussy, Sibelius, Ravel e Schubert.
O sábado 29 de agosto, tamén ás 19.30 horas, o festival trasladarase á igrexa de San Martiño de Nogueira, onde se ofrecerá “Bach, reflexos e fracturas”, con obras de Mozart, Martinů e Kurtág.
A programación continuará o domingo 30 de agosto con dúas citas. Ás 12.00 horas, o Consorcio Local dos Peares acollerá “Alumnos da Academia en concerto. Premio Galimusic – Fest Clásico Ribeira Sacra 2026”.
A última xornada pecharase ás 19.30 horas no Auditorio de Quiroga con “Erbe”, un concerto dedicado a obras de Mahler e Brahms.
A oitava edición do Fest Clásico Ribeira Sacra celébrase do 23 ao 30 de agosto e conta con concertos en Chantada, Nogueira, Quiroga e Os Peares.