O Festival da Escola de Teatro de San Cibrao das Viñas regresa este sábado

O alumnado da Escola de Teatro de San Cibrao das Viñas ofrecerá unha clase aberta e unha mostra de improvisación no Local Social de Ponte Noalla.
fetsa-2026
2 Jun 2026

O Festival da Escola de Teatro de San Cibrao das Viñas (FETSA 2026) celebrará a súa segunda edición o vindeiro 6 de xuño ás 19:30 horas no Local Social de Ponte Noalla.

Nesta edición, o alumnado da Escola de Teatro de San Cibrao das Viñas ofrecerá unha clase aberta e unha mostra de improvisación, na que compartirá co público o traballo realizado durante o curso. A actividade porá o foco na creatividade, a expresión escénica e a aprendizaxe práctica do teatro.

A entrada será gratuíta ata completar aforo, segundo informa a organización.

0.12121510505676