O Festival de Danza e Movemento Abanea chega este domingo á Praza Maior de Celanova

OurenseXa
A programación inclúe unha proposta escénica a cargo de Rolando Salamé, Martín Blanco e Elvi Balboa
Imaxe do Festival Abanea 2022
11 Jul 2026

Celanova será este domingo, 12 de xullo, unha das paradas do Festival de Danza e Movemento Abanea, que desenvolverá a súa programación na Praza Maior a partir das 20.30 horas.

A xornada abrirase cun Happening Abanea Canle na Praza Maior. En caso de choiva, a actividade trasladarase ao Refectorio do Mosteiro. A continuación terá lugar a recepción do festival e, desde as 21.00 horas, desenvolverase a proposta artística protagonizada por Rolando Salamé, Martín Blanco e Elvi Balboa na pista de baile. A programación completarase coa actividade Mediación Abanea, integrada dentro desta cita dedicada á danza e ao movemento contemporáneo.

0.15192008018494