O Festival Internacional de Teatro de Ourense, FITO 2024, levanta o pano este mércores no Liceo

OurenseXa
A Compañía Culturactiva presentará o seu espectáculo ‘Vía Morta’, que dará comezo á décimo sétima edición do festival
Presentación do XVII Festival Internacional de Teatro de Ourense (FITO 2024)
Imaxe da presentación do FITO 2024
16 Oct 2024

O Festival Internacional de Teatro de Ourense regresa por décimo séptimo ano á cidade con trece funcións que se levarán a cabo entre os días 16 e 27 de outubro en diferentes espazos.

A programación comeza este mércores no Liceo de Ourense coa función Vía Morta, da compañía teatral Culturactiva, unha peza que pretende ser, máis que un espectáculo, unha experiencia a través do teatro para achegar a realidade das persoas refuxiadas ao público galego a través dunha proposta que converterá al espectador nun refuxiado máis. A obra denuncia a traxedia que as políticas migratorias da UE están a provocar en millóns de refuxiados e refuxiadas.

O FITO conta xa cunha ampla traxectoria na cidade e está consolidado como unha das citas da referencia en Ourense para os amantes do teatro, reunindo unha vez máis en Ourense a compañías de teatro nacionais e internacionais para ofrecer ao público espectáculos de primeiro nivel. Ademais, nesta edición incorpórase como novidade o Concello de Celanova, que albergará diversos espectáculos.

A súa directora Fina Calleja, explicou na presentación que este ano o festival chega “coa vontade de revalidarse como espazo de convivencia democrática, como facilitador de transferencia de coñecemento, como un escaparate no que se apertarán xéneros, experiencias e linguaxes coa vontade de comunicarse cos seus espectadores máis fieis pero tamén con aqueles que aínda non o senten como unha cita propia”.

A programación continuará este xoves no Teatro Principal coa función 'Sobre o extravío ou a arte de perderse'. Pode consultar o programa completo do FITO 2024 no enlace.

0.16839718818665