O Fogar dos Maiores de Allariz organiza unha viaxe á praia o 15 de xullo

OurenseXa
O prazo de inscrición permanecerá aberto ata este venres
viaxe-a-praia-allariz
8 Jul 2026

O Fogar dos Maiores de Allariz organiza unha nova saída para promover o lecer e a convivencia entre as persoas maiores do municipio. Nesta ocasión, a proposta será unha viaxe á praia de Bueu, prevista para o mércores 15 de xullo.

A actividade permitirá ás persoas participantes desfrutar dunha xornada de praia, paseo e convivencia nun ambiente distendido. O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o venres 10 de xullo ás 14.00 horas.

As reservas e a información poden realizarse no Fogar dos Maiores, situado na rúa A Barreira, número 3, chamando ao teléfono 988 554 059 ou a través do correo electrónico fogardosmaiores@allariz.gal.

0.14646410942078