O Frei Canedo de Verán volve o 5 de setembro coa súa terceira edición

OurenseXa
O Campo da Feira acollerá unha xornada de mañá a noite con actividades para todos os públicos, despois de que moitos veciños e veciñas preguntasen polo regreso do evento
frei_canedo_2026
24 Aug 2026

A organización confirmou que o Frei Canedo de Verán volve un ano máis, celebrando xa a súa terceira edición. A noticia chega despois de que moitas persoas preguntasen se o evento tería continuidade este verán, e dende a organización aseguran que reciben esta volta con moita ledicia.

A cita será o sábado 5 de setembro no Campo da Feira, que se converterá de novo no punto de encontro dunha xornada especial marcada polo ambiente festivo, a confraternización entre veciños, a gastronomía, os xogos e, por suposto, os disfraces.

Os organizadores adiantaron que o programa se desenvolverá dende primeira hora da mañá ata a noitiña, polo que animan á xente a reservar a data na súa axenda. Ademais, pediron estar atentos ás súas redes sociais, onde irán informando pouco a pouco de todas as actividades previstas.

Trátase dunha proposta pensada para todos os públicos, con actividades específicas tanto para as crianzas como para adolescentes e adultos, polo que dende a organización invitan a non perdelo.

0.13900113105774