O Goberno Muncipal aproba este venres o Plan de Estabilización de Empleo Temporal

OurenseXa
Manterase o criterio de desempate que beneficia aos traballadores que formen parte do Concello
Concello-Ourense-recurso
Concello de Ourense
8 Nov 2024

O goberno municipal do Concello de Ourense aprobará ao longo da mañá deste venres, na Xunta de Goberno Local, o plan de estabilización de emprego temporal, mantendo os criterios de desempate previamente establecidos.

Así o avanzou o alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, quen explica que “onte habilitamos 20 millóns de euros grazas á abstención do PP, tras unha negociación. Atendemos á súa esixencia de manter, no proceso de estabilización de empregados públicos temporais, o criterio de desempate que beneficiaría ao traballador que fose deste concello”.

Advirte Pérez Jácome que “dos 104 traballadores que estabilizarán, estimamos que tan só ao redor dun 5-10%, 5-10 persoas, poderían verse afectados polo feito de que funcionarios doutras administracións con máis 17 anos de antigüidade computasen máis méritos”.

Asegura o rexedor que “nós prefeririamos outro criterio de desempate, pero aceptamos por un ben superior, neste caso desbloquear a xestión do Concello con eses 20 millóns euros. Á fin e ao cabo, ata podería darse o caso de que ningún funcionario doutras administracións quixese trasladarse ao Concello, co cal, o cambio seria irrelevante”, conclúe o alcalde.

0.20184898376465