O Gran Desfile de Papá Noel chega a Ourense este sábado
OurenseXa
O percorrido sairá da Torre de Ourense ata a Praza Maior
21 Dec 2024
Ourense prepárase este sábado para unha das citas máis esperadas do Nadal: a chegada de Papá Noel á cidade. A partir das 19.00 horas, Papá Noel e o seu séquito percorrerán o centro de cidade, desde a Torre de Ourense, pasando polo Paseo, ata chegar á Praza Maior, sobre as 21.00 horas, onde recibirá aos nenos nenas e cidade que poderán perdirlle os seus agasallos para estas festas.
O desfile de Papá Noel requirirá pechar ao tráfico de vehículos a rúa Xaquín Lorenzo “Xocas”, desde as 17.00 até as 19.00 horas e o acceso á rúa Curros Enríquez desde as rúas Concello e Xoán XXIII, desde as 18.45 até as 19.00 horas. O tráfico desviarase pola rúa Xoán XXIII por detrás da Subdelegación de Goberno.