O grupo provincial do BNG presenta unha emenda á totalidade dos orzamentos de 2025 da Deputación

OurenseXa
Bernardo Varela sinala que “son un orzamentos continuístas que supoñen unha oportunidade perdida para corrixir o rumbo da provincia e nin marcan liñas estratéxicas de cara onde queremos ir”
Xosé Manuel Puga, Bernardo Varela, María Mangana
27 Nov 2024

Bernardo Varela, voceiro do grupo provincial do BNG, xunto aos outros dous deputados do grupo provincial na Deputación de Ourense, María Mangana e Xosé Manuel Puga, compareceron ante os medios de comunicación para dar a coñecer a alternativa económica que o grupo nacionalista presenta aos orzamentos que o grupo de goberno do PP leva a aprobación no pleno de novembro.

É unha emenda que debera ser totalmente asumible polo goberno provincial, sinalou o voceiro nacionalista, ao constituír unha modificación do entorno de seis millóns de euros, que sí cambian as partidas orzamentarias.

Estes orzamentos mantéñense cuns gastos moi importantes en persoal e en gastos de funcionamento que en boa medida absorben a potencialidade que ten a deputación provincial de Ourense. Por iso desde o grupo nacionalista propoñen unha redución no gasto de persoal, un gasto que é completamente funcional, ao ser de 1.377.000 euros que figura en boa medida como orzamentado como prazas para vacantes. E no capitulo 2 de gastos correntes en bens e servizos a minoración que fan os nacionalista elevase a 1.630.000 euros.

No capitulo cuarto a redución é 13.795.000 euros, co aforro dos dous millóns de euros asignados ao INORDE onde a maior parte é para persoal. E na que o groso deste capítulo é a parte correspondente ao plan cooperou, de dez millóns, que se reasignarían xunto a outros fondos minorados a ese mesmo fin. E no capitulo seis minóranse até 110.000 euros

A minoración total quedaría en -16.912.000 euros, dos cales 10.815.000 euros correspondería ao propio plan cooperou, polo que a reasignación de fondos proposta polos nacionalistas queda en torno ao seis millóns de euros.

Os nacionalistas ven tramposo, como xa adiantaban a semana pasada, que o goberno provincial anuncie a redución das partidas nominativas, pois orzaméntanse a cero euros varias partidas, o que permite a reasignación de fondos unha vez sexa aprobados os orzamentos, polo que “o único que fan é cambiar cromos de xeito que a partida de nominativas pasan a quedar pendentes para incorporación de remanentes do mes de marzo de 2025”. Así mesmo a pesar do aumento orzamentario da partida destinada a vías e obras, a respecto dos anteriores orzamentos, non deixa de corresponderse en realidade coa execución orzamentaria real desa partida no anterior orzamento, que mesmo chegou a superarse. E nas propias bases de execución tampouco queda claro como se vai a trasladar as nominativas cara un sistema máis eficiente.

Co peto e 16.912.000 repatiríanse 14 millóns no “plan cooperou” que sumado aos fondos do capítulo 7 son 21.710.000 euros a repartir entre os concellos. Máis de dous millóns á partida de fomento do emprego que sumaría unha partida total 2.462.000 euros para un plan de emprego para a provincia de Ourense a través de diversos convenios e por último o aumento á partida de acción social contra a violencia machista que quedaría dotada de 150.000 euros.

0.1647961139679