O Hospital Materno Infantil de Ourense celebra o Día da Narración Oral

O Hospital Materno Infantil de Ourense celebra este xoves, 21 de marzo, o "Día Internacional da Narración Oral".
Na actividade participarán dúas voluntarias da Asociación NOGA (Narración Oral Galega). Os nenos e as nenas ingresados na unidade de pediatría poderán disfrutar dun obradoiro de contacontos baixo o título de "Pum, Pum...Contos que latexan"