O IES Celanova Celso Emilio Ferreiro amplía ata setembro o prazo de matrícula do ciclo medio de FP Dual de Xestión Administrativa

OurenseXa
A formación ofrece prácticas remuneradas, non ten límite de idade e está dirixida a persoas co título da ESO ou equivalente
trabajo_internet_ordenador_recurso
20 Jul 2026

O IES Celanova Celso Emilio Ferreiro ampliou ata o mes de setembro o prazo de matrícula para o ciclo medio de Formación Profesional Dual de Xestión Administrativa correspondente ao curso 2026-2027.

O ciclo inclúe prácticas remuneradas, permitindo ao alumnado complementar a formación académica coa experiencia nunha contorna laboral real.

A oferta formativa non establece límite de idade para acceder aos estudos. Como requisito de acceso, as persoas interesadas deberán estar en posesión do título da ESO ou dunha titulación equivalente.

O centro educativo mantén aberto o proceso de inscrición ata setembro e pon á disposición das persoas interesadas o teléfono 988 687 950 para ampliar información sobre a matrícula e as características do ciclo.

0.13524222373962