O IES San Mamede acolle unha charla para fomentar o papel da muller no sector da ciberseguridade

OurenseXa
A segunda charla será mañá xoves, 22 de febreiro, no CPI Antonio Faílde.
Charla_sobre ciberseguridade_no_IES_San_Mamede
Charla sobre ciberseguridade no IES San Mamede
21 Feb 2024

A Deputación de Ourense propón unha iniciativa para fomentar e impulsar o papel da muller no sector da ciberseguridade a través de dúas charlas motivacionais no IES San Mamede de Maceda e no CPI Antonio Faílde de Cambeo, a cargo dunha profesional referente no campo da ciberseguridade en Teléfonica. Están dirixidas a un grupo reducido de alumnas de 3º e 4º da ESO co obxectivo de facilitar a participación e interacción das asistentes.

Nas charlas, que duran preto de dúas horas vía online, achegarase o testemuño real dunha profesional do sector para que conte en primeira persoa a súa experiencia: desde os estudos necesarios para exercer dito cargo, ata as saídas profesionais que ten no ámbito da ciberseguridade, con referencias ao seu traballo diario.  O obxectivo é captar a atención das participantes e animalas a que poidan desenvolver a súa carreira profesional no ámbito da ciberseguridade, ademais de ofrecerlles a oportunidade de resolver as súas inquedanzas sobre o tema.

A primeira charla celebrouse hoxe no IES San Mamede de Maceda e a segunda será mañá xoves, 22 de febreiro, no CPI Antonio Faílde.

 

0.13512206077576