O III BTT Camp de Pereiro de Aguiar pecha as inscricións ao completar todas as prazas dispoñibles

OurenseXa
A actividade desenvolverase entre o 22 e o 26 de xuño con punto de encontro no Pavillón Municipal
btt-camp-pereiro-de-aguiar
24 Jun 2026

O III BTT Camp Pereiro de Aguiar, unha proposta deportiva de verán centrada na práctica da bicicleta de montaña e no contacto coa contorna natural do municipio, logra esgotar todas as súas prazas dispoñibles.

A actividade desenvolverase entre o 22 e o 26 de xuño, en horario de 10:00 a 13:00 horas, con punto de encontro no Pavillón Municipal e con sesións que tamén se levarán a cabo en distintos espazos da contorna do Monte Chaira.

Trátase dunha iniciativa dirixida á mocidade que busca promover o deporte ao aire libre e o aproveitamento dos recursos naturais do municipio a través dunha proposta lúdica e formativa.

0.11954689025879