O III BTT Camp Pereiro de Aguiar en xuño con actividades para a mocidade

OurenseXa
Será do 22 ao 26 e está destinado a nanas e nenos nados entre 2009 e 2017
btt-camp-pereiro-de-aguiar
31 May 2026

O Concello de Pereiro de Aguiar organiza unha nova edición do III BTT Camp Pereiro de Aguiar, unha proposta deportiva dirixida á mocidade e centrada na práctica da bicicleta de montaña e no contacto coa contorna natural do municipio.

A actividade desenvolverase entre o 22 e o 26 de xuño, en horario de 10:00 a 13:00 horas. As sesións terán como punto de encontro o Pavillón Municipal e realizaranse tamén en distintos espazos da contorna do Monte Chaira.

O campamento está orientado a promover o deporte ao aire libre e o aproveitamento dos recursos naturais do municipio a través dunha actividade lúdica e formativa.

0.12283205986023