O luns abrirá o prazo de preinscrición na Escola Municipal de Música

OurenseXa
As persoas interesadas poderán anotarse até o 8 de xuño
Escola Municipal de Música do Concello de Ourense
16 May 2026

A Concellería de Educación do Concello de Ourense abrirá o próximo luns 18 de maio, ás 9:00 horas, o prazo de preinscrición para a Escola Municipal de Música de Ourense correspondente ao curso 2026/2027.

O período permanecerá aberto ata o 8 de xuño ás 14:00 horas, ambos incluídos. Unha vez finalizado o prazo de preinscrición, procederase á revisión das solicitudes e da documentación achegada. A partir de aí aplicarase o sistema de baremación e os criterios de selección e organización establecidos nas normas do proceso.

As listaxes provisionais de persoas admitidas publicaranse o 1 de setembro na web municipal de Educación e, posteriormente, publicaranse as listaxes definitivas na mesma páxina web, nunha data que se comunicará máis adiante, xunto coa información relativa ao proceso de matrícula, prazos, horarios e demais instrucións necesarias.

0.12193393707275