O Memorial Manolo Carrera reúne este sábado en Velle a máis de 700 futbolistas de 28 equipos

OurenseXa
O certame, ao que foron convidados todos os equipos da provincia, pretende ser “unha gran festa do fútbol 8 en Ourense”
Memorial Manolo Carrera, imaxe do CD Velle
21 sep 2024

O campo de fútbol Monte da Aira reúne este sábado a máis de 700 futbolistas das categorías infantil e alevín na edición número 12 do Memorial Manolo Carrera.

O memorial comeza este sábado, 21 de setembro, coa súa fase previa, na que compiten 28 equipos de categoría benxamín (con futbolistas de 8 e 9 anos) e alevín (de 10 e 11), e continuará a seguinte fin de semana coa fase final, que se desenvolverá o sábado, 28, na categoría benxamín, e o domingo, 29 na categoría alevín.

O certame, ao que foron convidados todos os equipos da provincia, pretende ser “unha gran festa do fútbol 8 en Ourense”, segundo manifestou o presidente do Velle, Paco Sotelo, quen significou que para o seu equipo é “un orgullo moi grande contar coa participación de máis de 700 rapaces” neste memorial.

0.18475484848022