O Mercado de Artesanía 'Arte de Man' volve a Allariz no mes de setembro
O Concello de Allariz, a través da área de promoción económica, organiza dende fai varios anos o Mercado de Artesanía 'Arte de Man', un evento pretende promover, achegar o traballo e a venda directa dos artesáns locais así como doutros profesionais galegos convidados.
A data prevista para a edición de 2024, como ven sendo habitual, será o segundo domingo do mes de setembro.
Con motivo deste evento a organización publica as bases de participación e abre o prazo de inscrición para aqueles artesáns cuxa produción sexa artesanal e de elaboración propia
O prazo de inscrición comezará o martes 2 de xullo e estará aberto ata o 2 de agosto.
A inscrición debe formalizarse a través dunha instancia xeral na sede electrónica do Concello ou nas dependencias municipais no rexistro.
As persoas organizadoras do evento serán as encargadas de seleccionar aos participantes segundo a calidade e singularidade do produto e a diversidade da oferta e oficios e dará prioridade á mostra do oficio en vivo durante a feira.