O Mercado de Ponte Canedo acolle a súa I Feira de Antigüidades
Este domingo, 19 de xaneiro, chega ao Mercado de Ponte Canedo a primeira edición da súa Feira de Antigüidades, que poderá visitarse ata as 15.00 horas. O evento, no que poderase atopar unha ampla variedade de artigos, chega tras o éxito do mercadillo solidario de Nadal.
O mercado, que reabriu ao público o pasado mes de setembro, levaba pechado máis de trece anos. Tras un orzamento de máis de dous millón de euros por parte do Goberno do Estado, tivo que enfrontarse a varios retrasos e dificultades antes de conseguir retomar a súa actividade.
Agora, o espazo situado no corazón do barrio pontino conta cunha proposta comercial moi renovada con 10 postos de venda, principalmente de produto fresco coma carne, froita ou pescado, e incorpora un amplo espazo de restauración onde se poderán consumir diferentes produtos mercados nos postos.